tag:blogger.com,1999:blog-10084596.post-1108420456816208362005-02-14T14:05:00.000-08:002005-02-14T14:34:16.820-08:00Hai algo máis sinistro que Michael Jackson?Non digades que non tan rápido. Claro que hai algo moito máis sinistro que o propio Jacko, un pederasta multimillonario que se branqueou a pel ata que lle caeu o nariz e o seu mellor amigo é un chimpance chamado peebles, e ese cénit do tebroso son os seus fans. <br />Se sodes un pouco observadores a este fulano sempre o seguen unha corte de leprosos sociais que o adoran coma un novo mesías. Non sei exactamente onde se meten entre xuizo e xuizo pero por todo o mundo sempre aparecen uns personaxiños saídos dos máis duros anos 80 dispostos a morrer polo rei do pop. Unha máquina do tempo ou unha dieta alta en pepsi cola consegue que o seu aspecto físico, a súa roupa e a súa alma queden atrapadas no ano 1984 cando o artista publicou Thriller (por certo, o album mais vendido da historia). Seguen ancorados en Reagan, o break dance e nas Chicas de Oro e cando Jacko é acusado inxustamente non dubidan en botarse a rúa e bailar coma el: é dicir, tocandose os xenitais constantemente para comprobar que seguen aí.<br />Seguramente son persoas grises sen unha interese especial excepto cando Jacko é ameazado a unha moxigata sociedade que non entende os exquisitos gustos do artista. Michael, admitámolo, nunca nos poderá sorprender xa que por moito que se esforce nunca perderá o seu trono de emperador friki pero eses fans que loitan por salvar a súa honra contra a malvada sociedade que os abandoou no ano 1.989 merecen unha atención prioritaria.<br />Trátanse, en definitiva, dunha caste social a extinguir que dá os seus últimos bocexos . Pasan inadvertidos entre nós pero de seguro que na túa vila ou no teu barrio hai un pailán disposto a facer o moonwalk en calquera sitio o suficientemente público para que se rían del. Se é así coidao, é un ben público.Franco o Francotiradorhttp://www.blogger.com/profile/17083054245135431677noreply@blogger.com