Alén do tunin
En Hamburgo decateime da internacionalización do fenómeno... Era un domingo ó mediodía e non había, ninguén, absolutamente ninguén pola rúa. De feito non dábamos atopado un sitio para comer a unha e media da tarde. Pasabamos por unha barriada prefabricada de horribles construccións marelas ó pé da ría cando oímos un ruido infernal que cada vez se acercaba máis cara nós. Como se dunha frecha deficientemente prateada se tratase pasou polo noso lado un vello mercedes (alí todo o mundo os ten) co equipo estéreo a todo meterlle. A miña memoria filtrou polo meu desagüe mental a melodía pero non o espírito.
Todos os coñecedes. Especialmente nas vilas pequenas xa que saen do seu tobo habitual: a aldea. Estades para cruzar un paso de peóns e vedes que un coche pasa de vagar (ou non tan de vagar) co último éxito do dance europeo ó suficiente volume para que todos nos enteremos. O conductor soe ser un solitario. Ás veces pode ir co colega, pero máis non soe ser o habitual.Escápanseme os motivos da soidade do conductor sonorizado (ou Sonic Driver se queredes globalizar o programa ou facerlle unha homenaxe a Sonic Youth) . Vai calado, moitas veces leva unha gorra, uniforme malote e cara seria. Existen similitudes evidentes entre estes conductores e os negros que patrullan os barrios baixos das urbes do tío Sam. Aínda que a violencia limítase no noso caso ó mal gusto musical.
As cuestións son moitas pero a que máis nos afecta ¿Por que teñen que ter a música tan alta? ¿Pretenden chamar a súa atención ou illarse nunha fusión coa música de O-zone ou de Don Omar da sociedade que os relegou a obreiros ben pagados que serven a universitarios cunha vida precaria? ¿E por que a música ten que ser tan mala? Estas cuestións, claro, están suxeitas á opinión e espero que vós participedes. As miñas teorías.
O da música tan alta é complexo. Eu relacionaríao cun complexo de superioridade dentro do útero automobilístico. Sabedes coma min o a mecanofilia de moitos rapaces, non é o primeiro ó que hai que despegarlle o trebello para mexar do tubo de escape de tanto amor que profesan ó seu aparato (si, vale ó seus dous aparatos). Non é un illamento é amosarnos que dentro dos seus coches son Deus e ninguén os pode parar. Respecto a por que a música é tan mala non tedes máis que sintonizar Cadena Dial ou Cadena 100. Nota: Ter coidado daquelas emisoras que empezan coa palabra Cadena.
É un problema global. Cando veu o meu cuñado, alemán, a Noia case o atropella un destes garrulos con Dale don Dale a todo meter dixo "Je,je, isto é igual en tódalas partes." Un arquetipo máis coma o imbécil do ximnasio ou a menopausica que se laia de todo. Personaxes dos que acabaremos falando nesta sección, claro está.
Que postura debemos adoptar ante estes seres. Aquí debo confesar que eu, sen carnet e mellor gusto musical, nunca amei a música demasiado alta e nunca tiven un coche guíado a unha velocidad. E quizais non haxa cousa que ambicione máis. Subirme nun ZX e exprimir o motor ata as súas últimas consecuencias con "Rock the Casbah" dos Clash a un volume que o puidese escoitar o propio Mahoma no máis alá. Percorrería Beverly Hills, Fifth Avenue e tódolos barrios dos ricos americanos e alomenos os despertaría do seu leito de rosas o sábado pola mañá. Trátase, claro está, do novo soño americano.

10 Comments:
Dende a miña postura ocasional de sociólogo amateur, creo que o tuning é o movemento cultural máis definitorio do que levamos da primeira década do século XXI. Seguramente será o que lembremos desta década cando a vexamos dende a distancia. O tuning define mellor que ningún outro fenómeno a sociedade na que vivimos: o seu individualismo, maquinismo, o orgullo, o afán comparativo, a dependencia, a futilidade. A velocidade é o de menos, a maioría dos tuneros non pisan o acelerador por medio a foder un alerón. E os tuneros non son todos, nin sequera a maioría, xente de aldea. Iso é como pensar que só nas montañas escoitan a Camela. Os seus protagonistas son persoas con ingresos aceptables pero que non teñen ningún proxecto a medio prazo no que investir os cartos: viven cos pais, así que non pagan un piso, nin están aforrando para casar, nin teñen pensado montar unha empresa, nin ningunha outra forma mellor de gastar os cartos. Entón métenos no coche, en desfiguralo ata facelo absoluta e grotescamente persoal. A min paréceme unha forma de tirar o diñeiro, pero poida que non o sexa en maior medida que outras moitas. O que si teño claro é que o tuning está íntimamente relacionado coa non-emancipación, coa nosa educación, coa forma que temos de relacionarnos cos outros… cos tempos que vivimos.
Este entroido non chegamos a materializar unha idea de disfraz que tiña a súa gracia. Un grupo de amigas e amigos tiñamos pensado tunear os nosos coches a base de cartón e algo de inxenio e pasealos polo centro da vila con música pachín-pachín, para logo baixar dos coches e vestidos de tunos-tuneros, cantar clavelitos e triste se queda fonseca. Ó final non foi. Lástima, había ser unha bonita homenaxe a estes dous paradigmas da sociedade de hoxe e de sempre.
(continúo o rollo anterior)
O que si teño claro é que o tuning está íntimamente relacionado coa non-emancipación, coa nosa educación, coa forma que temos de relacionarnos cos outros… cos tempos que vivimos.
Este entroido non chegamos a materializar unha idea de disfraz que tiña a súa gracia. Un grupo de amigas e amigos tiñamos pensado tunear os nosos coches a base de cartón e algo de inxenio e pasealos polo centro da vila con música pachín-pachín, para logo baixar dos coches e vestidos de tunos-tuneros, cantar clavelitos e triste se queda fonseca. Ó final non foi. Lástima, había ser unha bonita homenaxe a estes dous pilares da sociedade de hoxe e de sempre.
afinal o Tunning é só mais umha expresom dum fenómeno geral de incremento de frikismos, a gente relaciona-se com o mundo e com outras pessoas através daquelo que consome, favorece a sua autoestima através do que consome e do seu conhecimento dum microcampo específico, poderia estender-se em certo jeito o fenómenos a frikis informáticos, literários, afeiçoados à BD, videojogos, rol, tendências... Necessidade de fazer parte dum grupo, com regras estabelecidas sobre o que está bem e mal. Etc Etc. Tenho desbarre para horas com este tema, de facto. E isso que na Galiza estamoa ainda adentrando-nos neste procelosso fenómeno.
apertas.
This post has been removed by a blog administrator.
This post has been removed by a blog administrator.
Hi, I like to read blog to get information and knowledge. I visit almost 20 blogs everyday. Your blog is among the best today. Keep up the good work!
I have a at home site. It pretty much covers at home related stuff.
Come and check it out if you get time :-)
Hi, I like to read blog to get information and knowledge. I visit almost 20 blogs everyday. Your blog is among the best today. Keep up the good work!
I have a homework site. It pretty much covers homework related stuff.
Come and check it out if you get time :-)
Hi, I like to read blog to get information and knowledge. I visit almost 20 blogs everyday. Your blog is among the best today. Keep up the good work!
I have a homework site. It pretty much covers homework related stuff.
Come and check it out if you get time :-)
Hi, I like to read blog to get information and knowledge. I visit almost 20 blogs everyday. Your blog is among the best today. Keep up the good work!
I have a at home site. It pretty much covers at home related stuff.
Come and check it out if you get time :-)
Some of our comments above may include links that are no longer valid or that do not have a nofollow value. They might very well lead you today to a third party. Therefore,
I ask you, if you would be so kind, to please delete or disregard those
comments.
Many thanks and best wishes,
Iza, Roberto Iza
Muy Señores Míos:
Algunos de nuestros comentarios incluyen vínculos rotos que bien pudieran llevar hoy a una tercera persona. Por tanto, le rogamos, por favor, que los deseche o desestime.
Gracias y recuerdos
Iza, Roberto Iza
Post a Comment
<< Home